Novas

A Casa do Concello acolleu hoxe a presentación dun libro sobre o Pazo de Tovar. A alcaldesa, Emma Álvarez, destacou a importancia cultural e turística do edificio e agradeceu a colaboración do seu propietario.

Lourenzá, 22 de marzo de 2013. A Casa do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación do libro titulado El pazo de Tovar: espacios, perspectivas, tiempos. Durante o acto a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou a importancia cultural e turística do edificio situado na parroquia de Santo Tomé e agradeceu a colaboración do seu propietario, José Ventoso.

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo, composta por 23 imaxes de fotoxornalistas galegos, mostra que foi inaugurada con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres e que está aberta na Casa da Cultura de Lourenzá ata este venres, día 22. Recibiron as explicacións da técnica de Cultura do Concello, María José López Noceda.