Novas

LOURENZÁ ACOLLE O 17 DE XULLO UNHA XORNADA SOBRE FERNÁNDEZ DEL RIEGO, NA QUE INTERVIRÁN GRANDES COÑECEDORES DO ESCRITOR LAURENTINO

O claustro do mosteiro de San Salvador acollerá o día 17 deste mes, sábado, a partir das 11 da mañá unha xornada sobre Francisco Fernández del Riego. No evento intervirán grandes coñecedores do escritor laurentino: Manuel Román Ramos, Francisco Domínguez Martínez, Xosé López González, Malores Villanueva Gesteira e Antón Vidal Andión. Para asistir as xornadas hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.28.17.91 ou do correo electrónico patrimonio.laurentino@gmail.com.

O CONCELLO MELLOROU ESTRADAS DAS PARROQUIAS DE SANTO TOMÉ E SAN ADRIANO

O Concello de Lourenzá vén de realizar obras de mellora en varias estradas das parroquias de Santo Tomé e San Adriano. Os traballos consistiron na mellora do firme, que era de rego asfáltico e substituíuse por outro de aglomerado en quente. Ademais das melloras no pavimento a obra tamén inclúe o pintado das marcas viarias continuas e descontinuas desas vías.

O CONCELLO INVESTIRÁ 592.000 EUROS PARA CREAR UN LOCAL MULTIUSOS NA NAVE DO RECINTO FEIRAL E MELLORAR CAMIÑOS MUNICIPAIS E O ENTORNO DO CAMPO DE FÚTBOL

O Concello de Lourenzá investirá 592.000 euros para crear un local multiusos na nave do recinto feiral e mellorar camiños municipais e o entorno do campo de fútbol. Para a realización destes proxectos no pleno da corporación local aprobouse, cos votos a favor do equipo de goberno, un expediente de modificación de crédito con cargo ao remanente de tesourería.

AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO XIMNASIO MULTIUSOS E DA PISTA DE PÁDEL REABRIRÁN O VINDEIRO MARTES, 1 DE XUÑO

As instalacións deportivas municipais do ximnasio multiusos e da pista de pádel de Lourenzá reabrirán o vindeiro martes, 1 de xuño.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “a partir do vindeiro martes, sempre que a situación sanitaria se manteña estable, reabriranse tanto o ximnasio como a pista de pádel”.

@s soci@s do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo e deberán asumir o protocolo coa normativa existente ata este momento. Para novas altas:

OS TRES GRUPOS DA CORPORACIÓN DE LOURENZÁ SOLICITAN DA REAL ACADEMIA GALEGA QUE SE DEDIQUE A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO PRÓXIMO ANO

Os tres grupos políticos que conforman a corporación municipal de Lourenzá (PSOE, PP e BNG) presentan ao pleno que se celebrará o vindeiro luns, 31 de maio, unha moción conxunta na que lle solicitan á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas do próximo ano se lle dedique ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego. Ao mesmo tempo dirixiranse aos demais concellos da Mariña, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo e á Fundación Penzol para que apoien esta iniciativa.