Novas

LOURENZÁ DEDICA UNHA XORNADA Á PINTORA JULIA MINGUILLÓN E EXPÓN NAS RÚAS REPRODUCIÓNS DE OBRAS SÚAS. ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN PATRIMONIO LAURENTINO

O Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia.

A BANDA DE LOURENZÁ ACTÚA ESTE DOMINGO 15 EN SANTO TOMÉ DENTRO DO CICLO MÚSICA NAS PARROQUIAS

Lourenzá, 13 de agosto de 2021. A Banda de Música de Lourenzá actúa este domingo, día 15 de agosto, en Santo Tomé, concretamente na área recreativa O Pereiro, ás 20:30 horas. Este concerto está incluído no ciclo Música nas parroquias.
Neste evento, que se desenvolverá ao aire libre, haberá medidas anti covid, será obrigatorio o uso da máscara e manter unha distancia de seguridade de 2 metros entre os asistentes.

 

 

A PRAZA DO CONDE SANTO ACOLLE ESTE VENRES UN CONCERTO DE MÚSICA DE CÁMARA DENTRO DO FESTIVAL ITINERANTE PEREGRINOS MUSICALES

A Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este venres, día 23, ás 21:00 horas un concerto de música de cámara incluído no festival itinerante Peregrinos Musicales, que organiza a asociación do mesmo nome con sede en Santiago de Compostela coa colaboración do Concello de Lourenzá.

A actuación correrá a cargo do grupo de música de cámara Esemble Rubens Consort, que interpretará obras de Haydn, Bach, Ravel e Fauré.

A entrada é libre e gratuíta.