Noticias

Noticias del Ayuntamiento

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE APLICADOR DE FITOSANITARIOS GRATUÍTO PARA OBTER O CARNÉ CUALIFICADO

O Concello de Lourenzá organiza un curso de aplicador de produtos fitosanitarios gratuíto, de 35 horas, para obter o carné cualificado. Os participantes deben ter o carné básico e ser agricultores en activo. Esta actividade formativa está subvencionada pola Consellería do Medio Rural.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “anteriormente neste concello xa organizamos máis cursos desta materia, nos que formaron máis de 100 persoas, pero a novidade deste é que é de nivel cualificado”.

A ISABEL VILALBA FAILLE ILUSIÓN PREGOAR A FESTA DA FABA E SORPRENDEULLE QUE LLO PROPUXERAN. NO PROGRAMA INCLÚESE UNHA EXPOSICIÓN DE XOÁN GUERREIRO, A PROXECCIÓN DUN AUDIOVISUAL DE XESÚS DO BREOGÁN E A PRESENTACIÓN DUN LIBRO DO QUE É COAUTOR IGNACIO CASTRO

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, a laurentina Isabel Vilalba, manifestou que lle fai ilusión pregoar a Festa da Faba aínda que lle sorprendeu que llo propuxeran. No programa do evento, que comeza este venres 30 e remata o domingo 3 de outubro, inclúese tamén unha exposición de pinturas de Xoán Guerreiro, a proxección dun audiovisual sobre A Mariña elaborado por Xesús do Breogán e a presentación dun libro do que é coautor o veciño de Lourenzá Ignacio Castro.

O presunto autor de Vandalismo, detido esta madrugada!!!

Gracias á labor dun grupo de veciños heroicos de Lourenzá o presunto autor de vandalismo sobre a furgoneta do clube así como de varias instalacións e vehículos do Concello de Lourenzá foi detido esta madrugada cando volvía a atentar contra as instalacións do Centro de Saúde. Despois da súa detención foi posto a disposición xudicial. Dar as gracias a este grupo de veciños polo seu comportamento heroico e esperamos que o presunto autor pague polo acontecido e nunca máis se volvan a producir feitos como os ocurridos nos últimos días. Gracias, Lourenzá!!!

O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ MAÑÁ, MARTES, A DEDICACIÓN PARCIAL PARA A 2ª TENENCIA DE ALCALDÍA E CONCELLERÍA DE OBRAS, URBANISMO, INFRAESTRUTURAS E TRÁFICO

A corporación municipal de Lourenzá celebrará un pleno ordinario mañá, martes, día 31, ás 20:30 horas. Nesta sesión tratarase unha proposta da Alcaldía para o recoñecemento da dedicación parcial da segunda tenencia de alcaldía, que se ocupa das delegacións de Obras, Urbanismo, Infraestruturas e Tráfico.

Distribuir contido