Novas

O Punto de Atención á Infancia “Meniños” amplía o seu horario e a partir do 1 de febreiro funcionará de 8 a 20 horas ininterrompidamente. No pleno da corporación municipal cambiarase o regulamento para que os nenos poidan xantar no centro

Lourenzá, 18 de xaneiro de 2013. O punto de atención á infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, ampliará o seu horario de funcionamento a partir do 1 de febreiro e estará aberto de oito da mañá a oito da tarde ininterrompidamente. Este servizo está orientado ao coidado asistencial e educativo de nenos/as a partir dos 3 meses de idade, nunhas instalacións especificamente adaptadas para os primeiros anos da infancia.

O Concello de Lourenzá informa da aparición dun can perdido

O Concello de Lourenzá informa da aparición dun can perdido. Polo aspecto do animal é unha femia de raza Border Collie, que apareceu atrapada preto dunha presa no río Batán, na parroquia de San Xorxe, concretamente entre o lugar de Mazúa e Outeiro.

Foi rescatada por un veciño do lugar, pois do contrario, perecería atrapada sen posibilidade de sobrevivir. De momento está na casa deste home ata que apareza o dono e de non ser localizado o propietario farase cargo do animal o veciño que o rescatou.