Novas

Todos os alumnos do Colexio Juan Rey aportaron xoguetes para que a Cruz Vermella os destine a familias con escasos recursos

Lourenzá, 14 de decembro de 2012. Todos os alumnos do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, aportaron un xoguete, e algúns levaron varios, no acto organizado polo Concello, que se celebrou na tarde de onte, para colaborar coa Cruz Vermella na recollida de xogos para entregar a familias con escasos recursos. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, comentou que “isto demostra a solidariedade dos nenos e tamén que esta acción está ben encamiñada, posto que os máis pequenos entenden a lección”.

Lourenzá será un ano máis sede dos campionatos comarcais de campo a través

A primeira proba (preparatoria) disputarase en Sta. Cruz o sábado 12 de xaneiro, mentres que a clasificatoria para o campionato provincial terá lugar o 19 de xaneiro. Espéranse cerca de 200 rapac@s competindo nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. A competición empezará a partir das 11,00 e agárdase que remate sobre as 13,00 horas. Organizan a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a A.D. A Mariña; e colaboran na mesma o Concello de Lourenzá, as E.D. Lourenzá e Protección Civil.

O concello recuperou a tradición da árbore de nadal despois de moitos anos e haberá unha megafonía con panxoliñas nas rúas de Vilanova

Lourenzá, 12 de decembro de 2012. O Concello de Lourenzá recuperou este ano a tradición de colocar unha árbore de Nadal xunto á casa consistorial despois de moitos anos sen facelo. Tamén se instalou un pequeno alumeado e nos vindeiros días porase en funcionamento unha megafonía con panxoliñas polas rúas de Vilanova, “todo con moita austeridade pola situación económica que estamos a vivir”, explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

Emma Álvarez fixo un balance moi positivo do encontro mantido esta mañá co presidente da Xunta

Lourenzá, 7 de decembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo un balance moi positivo do encontro que mantivo en Santiago de Compostela co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Álvarez declarou: “non podo máis que facer un balance positivo. Na xuntanza falamos de distintos temas e comprometeuse con Lourenzá e cos laurentinos para tratar de buscarlles solucións”.

O Concello colabora coa Cruz Vermella na campaña de recollida de xoguetes para nenos de familias con escasos recursos. Haberá unha chocolatada solidaria o vindeiro xoves, día 13

Lourenzá, 06 de decembro de 2012. Por segundo ano consecutivo o Concello de Lourenzá colabora coa Cruz Vermella na campaña de recollida de xoguetes “a fin de que este Nadal todos os nenos da comarca poidan disfrutar dun agasallo, a poder ser dun xoguete”, segundo anunciou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.