Novas

Presentación oficial da sección de Ciclismo das Escolas Deportivas Laurentinas

Onte domingo tivo lugar en Lourenzá a presentación oficial da sección de ciclismo das Escolas Deportivas laurentinas. Ao acto acudiron a alcaldesa, Emma Álvarez, e o presidente das Escolas Deportivas e concelleiro de Deportes, Pablo Maseda, así como directivos do clube e patrocinadores. Despois dunha breve ruta pola zona a sección de ciclismo rematou a xornada cun xantar no restaurante Baos.

 

O Concello fará un esforzo económico para manter o técnico local de emprego. "É un servizo moi importante polo aumento do desemprego na zona", explicou a Alcaldesa

Lourenzá, 2 de novembro de 2012. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá aprobou pedir unha subvención para contratar un ano máis ao técnico de emprego, coñecido como ADL. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “apostamos así por continuar con este servizo que damos á cidadanía, sobre todo nunha época como a actual na que hai moita falta de emprego, hai moita xente no paro”.