Novas

LOURENZÁ ACOLLE UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE MAÑÁ, MARTES, DÍA 8. A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS ANIMAN AOS VECIÑOS A ACHEGARSE Á UNIDADE MÓBIL QUE ESTARÁ NA PRAZA DO CONDE SANTO

Lourenzá acollerá unha campaña de doazón de sangue mañá, martes, día 8. A alcaldesa, Rocío López García, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra Sixto, animan aos veciños do municipio a achegarse á unidade móbil que estará na Praza do Conde Santo, fronte á Casa do Concello, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas.

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA REPRESENTACIÓN A CARGO DO GRUPO TEATRAL O BATÁN O DÍA 30 DESTE MES, DOMINGO

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha representación a cargo do grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, o día 30 deste mes, domingo, as oito da tarde. Anunciouno hoxe a Concellería de Cultura.

O Batán ofrecerá a obra titulada Bicos de vinagre, dentro do programa Buxiganga 2017, que ten en marcha a Deputación de Lugo para contribuír a difundir o teatro afeccionado da provincia.