5 Atletas das Escolas conseguen marca para o Cto. Galego Cadete e Xuvenil de Pista Cuberta!!!

O pasado sábado desprazaronse a Lugo varios atletas en edade cadete e xuvenil no 1º Control de Marcas disputado no Módulo Cuberto de Lugo.

Genito Pérez participaba nos 60 lisos(8,20 e 2º de serie) e no salto de altura(1,54), 3º clasificado e marca para o cto. galego.

Nerea Bajatierra facía un gran lanzamento en peso (10,02) sendo a segunda mellor marca do ano en Galicia no ránking 2015/2016 e obviamente marca para o galego.

Arabela Martínez lograba o pase ó galego en 60 lisos(9,47 - 2ª serie) xunto con Andrea Cancio(9,45 e 2ª serie tamén).

E a última marca con mínima para a cita autonómica chegaba da man da xuvenil Carmen López Diniz, con un salto en triple de 8,71 sendo 2ª clasificada.

Ademáis participaba a cadete Claudia Graña en duas probas con bos resultados: en 60 valados 11,54 e 3ª clasificada e en triple un mellor salto de 7,95 sendo 5ª na xeral cadete.

Informarvos ademáis que o vindeiro fin de semana os atletas do Maderas Barcia Lourenzá terán unha dobre cita: En Viveiro o sábado 16 a 1ª preparatoria de campo a través e, a cita máis esperada; o vindeiro sábado en Riazor tamén a Final do Cto. Galego de Liga Federada, onde están clasificados os equipos Infantil Feminino e Benxamín Feminino (mañá xoves intentaremos sacar unha fotos ás atletas que estarán na final do galego).