ATLETISMO: AINARA RODRÍGUEZ, SUMA E SEGUE NA POPULAR DOS VILARES DE GUITIRIZ

A Atleta das E.D. Lourenzá Mondoñedo Ainara Rodríguez segue sendo a raíña das carreiras populares en edade alevín. Por "enésima" vez no ano volveu a vencer, xa que este pasado sábado 10 de Agosto impúxose como campiona obtendo a medalla de ouro na súa categoría ganando ademáis a todos os nenos e nenas da súa edade. Ademáis de Ainara, Marcos Rodríguez alcanzou a 23ª posición na categoría sénior masculino sobre unha distancia de 5 kilómetros (20:04) e Marisa Ares rematou na 13ª praza da sénior feminina con un tempo de 27:11.

Esta vindeira semana a sección de atletismo desprázase o vindeiro mércores 14 de agosto a Vegadeo para disputar a Subida a Piantón e o vindeiro domingo 18 de agosto participarán na Carreira Solidaria contra o Cáncer en Figueras (Asturias).