A CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ DO 1 AO 5 DE DECEMBRO UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA OS SECTORES AGRÍCOLA, GANDEIRO E FORESTAL

A Casa do Concello de Lourenzá acollerá do 1 ao 5 de decembro, de luns a venres da vindeira semana, un curso de primeiros auxilios para traballadores ou desempregados dos sectores agrícola, gandeiro e forestal.

Este curso de primeiros auxilios e actuacións ante os accidentes laborais está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a través do Programa de Desarrollo Rural Sostenible.

Hai vinte prazas e as clases desenvolveranse durante un total de 20 horas, de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados en participar deben solicitalo a través do correo desenvolvementorural.issga@xunta.es, no fax 881.91.59.63 ou no teléfono 881.91.59.62.

A CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ DO 1 AO 5 DE DECEMBRO UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA OS SECTORES AGRÍCOLA, GANDEIRO E FORESTAL