A CONCELLEIRA DE CULTURA AGARDA QUE SE PRESENTEN PROXECTOS DE PARTICIPACIÓN XUVENIL DOS MOZ@S DO CONCELLO DESPOIS DE TERSE CELEBRADO UN TALLER DE IDEAS PARA ESTAS INICIATIVAS

A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, agarda que se presenten proxectos de participación xuvenil dos moz@os do concello despois do taller de ideas para estas iniciativas que se celebrou o pasado sábado no salón de actos municipal.

Lupe Flórez, que estivo na actividade, explicou que “foi moi participativa, xa que o dinamizador xuvenil que a ofreceu fíxoa dunha maneira moi próxima, facilitando que os asistentes participasen na mesma e prestouse a resolver tódalas dúbidas que formularon”. A concelleira de Cultura destacou que “aparte de mozos laurentinos pertencentes a asociacións, tamén estiveron a responsable da OMIX e o técnico de emprego locais así como técnicos de concellos veciños, como Ribadeo, Mondoñedo e Burela”. 

E rematou comentando que “dende o Concello agardamos que a xornada fose de proveito para os asistentes e que a partir da mesma se presenten proxectos de participación xuvenil dos mozos e mozas de Lourenzá cando saia a liña de axudas destinada ao financiamento dos mesmos".