A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UNHA ACTUACIÓN DO CORO DE ALUMN@S DO IES DE FOZ PARA O VINDEIRO XOVES NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá organiza unha actuación do coro formado por alumnos e alumnas do Instituto de Secundaria de Foz dirixido polo profesor de música Fernando Allén Fraga. Será o vindeiro xoves, día 21, ás 20 horas no salón de actos do Concello.