Concerto Luar na Lubre

luar na lubreDende o Concello de Lourenzá informase que o vindeiro sábado 18 de decembro terá lugar o concerto de Luar na Lubre, que servirá de presentación en Galicia do seu novo traballo “Solsticio”, a partir das 22,30 horas na Discoteca El Recreo con entrada gratuita.

Este concerto terá lugar despois da suspensión que se levou a cabo, dentro da programación da Festa da Faba, debido ás condicións climatolóxicas adversas. Dende a organización queremos agradecer a colaboración dos responsables da Discoteca El Recreo pola cesión das súas instalacións para poder levar a cabo o mencionado concerto.

solsticio luar na lubreSons acústicos, cambios de ritmo que fan que o folk celta pase do romanticismo ao baile, recreación de elementos poéticos, lendas e metáforas que empregan para definir a súa forma de sentir a música e a vida. Todo esto está no novo disco que leva por nome “Solsticio” e que xa está a venda dende o pasado 30 de novembro e que supón un paso máis na trexectoria desta formación que paseou con orgullo a Galicia por medio mundo.

Neste disco volven á orixe, ás melodías que conseguiron con “Plenilunio” convetendoo nun dos discos folk referentes nas últimas décadas do noso país.

luar na lubre“Solsticio” recolle melodías dende o Medievo ata a actualidade como Ven a bailar Carmiña, Romance de Don Gaifeiros, Nau, Costa da Morte ou unha nova versión de A Saia da Carolina, para volver a definir Galicia e o seu espíritu aberto a través da música. A banda folk o estrenará en directo nas terras galegas o vindeiro 18 de decembro na Discoteca El Recreo de Lourenzá.

Organiza: Concello de Lourenzá

Patrocina: Xacobeo 2010

Colabora: Discoteca El Recreo