DANI PÉREZ REFORZA O EQUIPO DE 1ª AUTONÓMICA DE FÚTBOL

Dani Pérez, nova incorporacion!!!

Daniel Pérez Mato, "Dani", retorna á casa que o veu medrar dende a categoría cadete. Dani Pérez, según as súas declaracións, volve non coma un salvador senón para aportar o seu grado de area nun Atleti en situación complicada. Cubrirá ademáis a baixa de Pitero que ten que deixar temporalmente o equipo por motivos laborais. O equipo agora mesmo está a 4 puntos da salvación.

Dani formouse nas categorías inferiores das Escolas e con elas proclamouse campión Cadete, logo estivo nos anos gloriosos do primeiro equipo onde se proclamaría campión de Copa Deputación e lograría o ascenso a Primeira Autonómica; e logo de militar na mesma durante unha temporada enrolaríase nas filas do Ribadeo e máis tarde do Valadouro, último equipo do que procede. Ademáis, fará as funcións de adestrador de porteiros das categorías inferiores.

lourenza