Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá e Mondoñedo ata o luns 29 de setembro

A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes.  O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.

Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala nos Concellos de Lourenzá ou Mondoñedo ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.

A prentación terá lugar o día 2 de outubro para informar de todos os horarios e actividades confirmadas, ás 19:00 horas nos pavillóns de Lourenzá e Mondoñedo para aqueles que de momento non empezaron.

Este ano a novedade radica en que poderedes facer a inscripción online, sen desprazamentos. Só tedes que cubrir o formulario que encontraredes en www.edlourenza.blogspot.com.es ou en www.deporteenmondonedo.blogspot.com.es.

 

OS DEPORTES OFERTADOS SON OS SEGUINTES:

FÚTBOL, FÚTBOL SALA, ATLETISMO, BALONCESTO, PATINAXE, TENIS DE MESA, BÁDMINTON. 

Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá e Mondoñedo ata o luns 29 de setembro
AdxuntoTamaño
descargar ficha1.46 MB