A Festa do Maio de Lourenzá tivo que celebrarse nas dependencias da Casa do Concello debido ás adversas condicións meteorolóxicas que houbo onte

A Festa do Maio de Lourenzá tivo que celebrarse nas dependencias da Casa do Concello (vestíbulo, sala de exposicións e salón de actos) debido ás adversas condicións meteorolóxicas que houbo onte. Dende que se recuperou esta tradición hai uns anos é a primeira vez que non se celebrou o desfile debido ao mal tempo, segundo explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen agradece a colaboración dos veciños que traballaron para adornar o carro e o Maio: María José López, Leonor García, Paquiño, Karina Irimia, Manolo Centeno, Carmiña, Hortensia de Miche, Chus Reigosa, Celia Franganillo, Pepita de Villalba, Tarsila Irimia, Solita e Lupe Flórez.