Festas

Escudo

Parroquia de Santa María

  • Conde Santo: celébrase o último Sábado de Agosto. Son as festas patronais do Concello. Celébranse na honra do conde Osorio Gutiérrez, máis coñecido como o Conde Santo, fundador do Mosteiro de San Salvador. Destacan, especialmente, dúas tradicións:
    • Unha delas é o pasarrúas que tódolos dias efectúan os Cocos ou xigantes.
    • A outra consiste na visita ao sepulcro do Conde Santo o Domingo despois da santa misa. Conta a lenda que,    introducindo un dedo polo burato que se atopa na parte baixa do sepulcro, o que consiga tocar os ósos do Conde Santo    verá cumprido un desexo.
  • Festa da Faba: Festa gastronómica que se celebra a primeira fin de semana de Outubro. Declarada de Interese Turístico Galego no 2001. Se desexa máis información pode visitar a páxina do Centro de Interpretación da Faba
  • San Pedro Fiz (A Cazolga) : No mes de Agosto. Merendas e acampada libre na ribeira do Río Masma.
  • Entroido
  • Domingo de Piñata
  • Festa do Maio: 1 de Maio. Celébrase a chegada da primaveira.
  • Nosa Señora do Pilar (A Cazolga): 12 de Outubro.
  • Sta. Cruz

Parroquia de San Xurxo

Montaxe festas

  • San Xurxo: 23 de abril.
  • Santa Isabel: No mes de Xullo.

 

Parroquia de San Tomé

  • San Xosé (Oural): Primeira quincena de Maio.
  • Nosa Señora da O: Segunda quincena de Maio.
  • San Antonio: Terceiro domingo de setembro.

 

Parroquia de Santo Adrao

  • Romaría das Cruces: No mes de Maio.
  • Santo Adrao: 16 de Xuño.
  • Santa Filomena: Primeiro fin de semana de Setembro.

 

Feiras e Mercados

  • Celébranse o 9 e 28 de cada mes no recinto feiral.