Enviamos foto da excursión ao parque acuático de Cerceda organizada polo Concello de Lourenzá, na que participaron 52 veciños do municipio. Esta actividade foi para nenos e rapaces, que nalgúns casos foron acompañados por familiares. Tamén houbo dous monitores do Concello, que foron os encargados de coordinar as actividades que se levaron a cabo e que serviron para que os participantes gozaran dunha xornada lúdica e tamén aprenderan normas básicas, para o que se fixo un campamento.