GRAN COLLEITA DE TROFEOS NA SUBIDA A PIANTÓN

Gran colleita de trofeos e metais da sección de atletismo das Escolas no dia de onte na subida a Piantón (Vegadeo). Destacar a alta participación, sobre todo en categorías menores que tivo a proba asturiana. Resultados máis destacados por categorías:

Pitufos:

Iria Rodríguez – Medalla de prata.

Prebenxamín – Benxamín – Alevín Masculino:

Aleix Díaz – Medalla de prata

Prebenxamín – Benxamín – Alevín Feminino:

Ainara Rodríguez – Medalla de ouro.

Ana Vallines – Medalla de bronce.

Infantil Feminino:

Claudia Graña – Medalla de ouro.

Cadete Masculino:

Aaron Rivas – Medalla de ouro.

Do resto dos participantes, case todos quedaron enmarcados entre os 5 primeiros clasificados, resaltando a 4ª posición de Marisa Ares en sénior feminino.

Este vindeiro domingo 18 de agosto as escolas participarán na popular de Figureras, onde a recaudación da proba será destinada para a loita contra o cáncer da Fundación Sandra Ibarra.