IRIA RODRÍGUEZ, CAMPIONA GALEGA DE 1000 EN RUTA. AINARA RGUEZ, BRONCE INFANTIL

A nome da atleta benxamín do Maderas Barcia Lourenzá segue dando moito que falar esta temporada, porque ó recente título do galego de 1000 en pista cuberta acaba de sumar o título autonómico este pasado domingo día 10 de abril en Sada no Cto. Galego de 1000 metros en ruta.

Desprazabanse varios atletas con marca ó galego, nunhas carreiras numerosísimas con máis de 80 corredores por categoría.

Ademáis, outro metal volvía para terras laurentinas de man da que tampouco soe errar nestas citas, a Infantil Ainara Rguez cunha nova medalla de bronce.

Resumo por Categorías:

Benxamín Feminino:

1ª - Iria Rguez. con un tempo de 3:56. 6ª foi a sua compañeira Henar Méndez con un 4:12.

Alevín Masculino:

12º posto para Ian Méndez con un tempo de 3:48

Cadete Masculino:

17º posto con un 3:24

Infantil Feminino:

3ª - Ainara Rguez. con un tempo de 3,17; no mesmo tempo que a 2º clasificada Degnesh Mato(Millaraio) e con unha entrada en meta moi axustada e ambas a 4 segundos da vencedora Lucía Portela(Tui)

5ª e con outro fenomenal rexistro entraba tamén a laurentina Ana Vallines(3:20).

Asunto 2: Xana Rguez. vence na Camovi de Viveiro con tan só 16 anos e sendo xuvenil de 1º ano.

A Xuvenil Xana Rguez. debutaba nunha proba de montaña o pasado domingo en Viveiro logrando a victoria na proba dos 10 kilómetros invertindo 1 unha e 13 minutos a un ritmo de 7,12 percorrendo os montes de Viveiro. Xana destacou ata agora en categorías inferiores como unha gran velocista e vallista, logrando diversos ctos. provinciais nestas categorías. Agora seguirá centrándose neste novo reto, as carreiras de montaña.