NA IV EDICIÓN DA POPULAR DO CORGO DISPUTADA ESTE PASADO DOMINGO 20 OS RAPACES DAS ESCOLAS VOLVERON A SER PROTAGONISTAS

Na carreira onde se reunía a élite provincial, na categoría alevín feminina, impoñíase Ana Vallines (6:50) seguida moi de preto pola súa compañeira Ainara Rguez(6:53), demostrando ambas estar nun momento de forma asombroso. Ademáis, Iria Rguez. subía ó caixón como 2ª clasificada en prebenxamíns e Fernando Vallines alcanzaba o terceiro posto en benxamín masculino.

Tamén os nosos veteranos estiveron representados por Marcos Rguez. e Marisa Ares. Marcos rematou 9º da xeral con un tempo de 20:20 e Marisa alcanzaba a 5ª posición da categoría feminina.

Decirvos que o vindeiro fin de semana a sección de atletismo seguirá en activo. Jose Díaz, Aarón Rivas e Martín Pardiñas participarán na tradicional pedestre de Santiago de Compostela o domingo día 27 de octubre, e o resto da sección estará en Xove na carreira que organiza o C.N. Xove con fins solidarios.