NA SECCIÓN DO E.D.LOURENZA.CICLISMO DECIDIMOS CELEBRAR A "IV RUTA BTT REI CINTOLO " O PRÓXIMO DOMINGO, 3 DE NOVEMBRO

Tras revisar a cada día máis apertada axenda de rutas e kedadas, na sección do E.D.Lourenza.ciclismo decidimos celebrar a "IV Ruta btt Rei cintolo " o próximo domingo, 3 de Novembro

A edición deste ano percorrerá pistas e sendeiros por unha das zonas máis bonitas dos nosos bosques, un percorrido moi completo cunha forte suba, unha baixada espectacular e unha zona de sendeiros por preciosas paraxes ( parque da Fraga Vella ) ; asegurámosvos unha xornada de bo BTT!!!

As inscripcións rematan no dia de hoxe, e agora mesmo pasamos os 100 inscritos:

http://www.championchipnorte.com/evento/detalle/page/3/id/39/iv-rota-btt-rei-cintolo

Haberá trofeos para o ciclista de menor e maior idade , o de mais lonxe e para o club mais numeroso .

Os tres primeiros que recorran a ruta en menos tempo , terán unhos obsequios doados polos patrocinadores.

Nestes últimos días de preparativos, agradecer, o patrocinio de Frutas Hnos Rivas que nos agasallará a degustar as súas froitas nos avitullamientos e a colaboración de Protección Civil de Mondoñedo que se nos prestan cos seus servizos.

Tamén queremos agradecer o resto dos patrocinadores, que desde un primeiro momento nos tiveron apoiando na IV Rota Btt Rei Cintolo:

Aluminios Basanta, O Porriño, Giordana, Rudy Project, Santalla Motor, Pilla Bikes, Caixa Rural, Peixes e Mariscos Mondoñedo, Coca cola e Cerezo Bike, así como a colaboración prestada ós Concellos de Lourenzá e de Mondoñedo.

Asunto 2: Noutro orden de asuntos, a sección de ciclismo das E.D. Lourenzá sigue competindo case todos os fins de semana, a semana pasada estiveron no Roteiro de Cambre "Terra das Mariñas" onde participaron Moncho, Longarela, Isabel e Javier Peixe. Destacar a fenomenal actuación de estes catro integrantes entrando entre os 50 primeiros da xeral, sendo o máis destacado Javier no posto 9º.