O 95% da plantilla do Augacons Lourenzá renova o seu compromiso co clube para a vindeira temporada ó día seguinte de conocer o descenso do equipo a segunda

A plantilla do primeiro equipo das escolas confirmou o seu compromiso de volver ó Atleti a Primeira Autonómica sellando a renovación automática do 95% da plantilla que o ano pasado estivo xogando en Primeira, e que se viron arrastrados a segunda polo descenso de preferente a primeira da Milagrosa por arrastres.

Os xogadores que renovan o seu compromiso de cara á vindeira temporada son:

- Jose A. Bermúdez García (Pichi)

- Lucas Bouso Glez (Lucas)

- David Cabaleiro Pérez (Garrafín)

- Adrián Cabaleiro Rivas (Bugui)

- Diego Fdez. Rey (Carri)

- Felipe Glez. Docampo (Feli)

- Diego López Rego (Diego)

- Jorge López Vizcaíno (Jorge)

- Manuel Pardo Freire (Manu)

- Iván Recalde Docampo (Recalde)

- Noé Recalde Docampo (Noé)

- Diego Rego López (Diego Rego)

- Roi Rguez. Cabaleiro (Roi)

- Manuel Rguez. García (Manu Rguez. )

- Ramón Seivane Pérez (Montxo)

- Jesús Torres Lombardero (Suso)

- Diego Valea Rego (Chinco)

Nos vindeiros días será efectiva tamén a presentación no novo adestrador para o vindeiro curso deportivo e estudiase a incorporación de 3 ou 4 altas.

Tenen que deixar o vindeiro proxecto Isaac Fdez. por motivos laborales polo menos esta temporada e Javi Chinchón que regresa ó Foz. Dende aquí aproveitamos para agradecer o traballo de Javi Chinchón nestas escolas nestes últimos anos como xogador e como adestrador, e decirlle aínda que creemos que xa o sabe que aquí ten a súa casa, os seus amigos e compañeiros para todo o que necesite!!! Moita sorte, Javi!!!

O 95% da plantilla do Augacons Lourenzá renova o seu compromiso co clube para a vindeira temporada ó día seguinte de conocer o descenso do equipo a segunda