O Concello organiza campamentos de verán para os meses de xullo, agosto e setembro. O prezo para toda a tempada é de 15 euros e o prazo de inscrición está aberto ata o día 27 deste mes

Lourenzá, 18 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán, que acollerán a nenos e rapaces de 5 a 16 anos durante os meses de xullo, agosto e setembro ata o inicio do curso escolar. Terán un prezo total, para todo o verán, de 15 euros e o prazo para anotarse rematará o día 27 deste mes de xuño, xoves. Anunciouno hoxe a concelleira delegada de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane.

As prazas son limitadas e as inscricións deben presentarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, que está situada nas dependencias da biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá. Os interesados tamén poden informarse chamando ao teléfono 982.12.15.52 en horario de cinco a oito da tarde.