O CONCELLO ORGANIZA DO 9 AO 30 DE XULLO UNS OBRADOIROS DIRIXIDOS A NEN@S. ESTA ACTIVIDADE TITÚLASE COÑECE O TEU CONCELLO!

Lourenzá, 28 de xuño de 2018. O Concello de Lourenzá organiza do 9 ao 30 de xullo uns obradoiros dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2010. Esta actividade titúlase Coñece o teu concello!

O edil de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o Concello de Lourenzá organiza durante o mes de xullo uns obradoiros dirixidos a nen@s nad@s entre os anos 2004 e 2010. Levan por título Coñece o teu concello! (Aprende xogando). O obxectivo destas actividades é que @s nen@s coñezan a historia e a cultura do concello dunha maneira divertida. As prazas son limitadas e concederanse por rigoroso orde de inscrición, que se poderá realizar nas oficinas da biblioteca municipal entre os días 2 e 6 de xullo”.

O CONCELLO ORGANIZA DO 9 AO 30 DE XULLO UNS OBRADOIROS DIRIXIDOS A NEN@S. ESTA ACTIVIDADE TITÚLASE COÑECE O TEU CONCELLO!