O DESFILE DE ENTROIDO CELEBRADO ONTE FOI UN ÉXITO DE PÚBLICO GRAZAS AO BO TEMPO

A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, destacou que o desfile de Entroido celebrado onte en Vilanova foi un éxito de público grazas ao bo tempo.

Ademais a edil pide “desculpas polos pequenos erros que puidesen terse producido e dos que a organización toma nota para intentar emendalos nas vindeiras edicións” e agradece publicamente “a colaboración das agrupacións de Protección Civil tanto de Lourenzá como doutras localidades, que de maneira voluntaria nos acompañaron nesta xornada.
Tamén queremos facer mención ó xurado, composto por membros das áreas de Cultura (concelleiros, técnicos de cultura e turismo, animadores socioculturais, etcétera) dos concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol e Xove, que garanten a obxectividade das decisións tomadas”.

Lupe Flórez tamén fixo público o agradecemento aos participantes no desfile e destacou que “viñeron de lugares moi diversos e entre os premiados houbo xente de Lourenzá, Barreiros, Foz, Ribadeo, Burela, San Cibrao, Valadouro, Alfoz, Pastoriza, Vilalba, Castro de Rei, Lugo, Vegadeo, Tapia, etcétera, sen os cales a xornada de festa non sería posible, xa que son os verdadeiros protagonistas do noso Entroido”.

E este é o listado dos premiados:
ENTROIDO - Domingo de Piñata
LOURENZÁ (09/03/2014)

INFANTÍS:
Categoría INDIVIDUAL
Posto € Nome do participante
7º 20 € Aixam Transformer
6º 25 € Princesa Medusa
5º 30 € Up
4º 40 € Sin freixós non hai entroido
3º 45 € La flor de mi jardín
2º 55 € Mario Bros
1º 65 € Tiana y el Sapo

Categoría PARELLAS
Posto € Nome do participante
5º 15 € Orientales galácticas
4º 30 € As espigadas
3º 50 € As caixiñas de música
2º 75 € As damas do palillo
1º 100 € A mundo das fadas

Categoría GRUPOS
Posto € Nome do participante
5º 50 € Os exipcios do C.E.I.P. Juan Rey
4º 100 € La perla negra
3º 150 € El pequeño reino de Ben y Holly
2º 200 € O cociñeiro e as súas langostinas
1º 250 € Os esquimós achéganse a Lourenzá

ADULTOS:
Categoría INDIVIDUAL
Posto € Nome do participante
3º 75€ Corchos en Venecia
2º 100 € Winnie the Pooh vaise de Carnaval
1º 150 € Recordo de Galicia

Categoría PARELLAS
Posto € Nome do participante
3º 75 € A Frouxeira
2º 125 € As reinas do Abanico
1º 200 € En el tiempo de los dinosaurios

Categoría GRUPOS
Posto € Nome do participante
3º 100 € 101 Dálmatas
2º 200 € Os farillóns
1º 300 € Alegría d´os mismos

Categoría CARROZAS
Posto € Nome do participante
3º 100 € ------- (quedou deserto)
2º 250 € ------- (quedou deserto)
1º 350 € Moulin Rouge

Categoría CHARANGAS
Posto € Nome do participante
3º 100 € ------- (quedou deserto)
2º 200 € ------- (quedou deserto)
1º 300 € O mellor de cada casa


Categoría COMPARSAS
Posto € Nome do participante
3º 150 € Os Macanudos
2º 250 € Sin Xeito
1º 350 € A Choca

Premio especial O MÁIS CHISTOSO
Posto € Nome do participante
 50 € Gym Tonic