O DESFILE DO DOMINGO DE PIÑATA DE LOURENZÁ SERÁ O 17 DE MARZO

O desfile de Entroido de Lourenzá, que se celebra tradicionalmente o Domingo de Piñata, trasládase ao día 17 de marzo a partir das 16:30 horas. Foi aprazado o 18 de febreiro polas eleccións autonómicas e o 25 do mesmo mes debido ás adversas condicións meteorolóxicas.

A inscrición deberá facerse unicamente a través do correo electrónico entroidolourenza@gmail.com ata o venres 15 de marzo de 2024 ás 21:00 horas. A organización confirmará a inscrición, sendo preciso que faciliten un teléfono de contacto. Os participantes que xa estaban apuntados para o desfile previsto para o 25 de febreiro non teñen que volver enviar a folla de inscrición, pero si deben confirmar a participación nesta nova data.

A recollida de dorsais para participar no desfile será a partir das 15:00 horas do día 17 de marzo no recinto feiral.

Ao rematar o desfile haberá festa amenizada polo dúo Belinda.