O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DO SANEAMENTO NO NÚCLEO RURAL DE REQUEIXO

O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto, e polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución da obra pública hidráulica de clave OH.327.606, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013: saneamento no núcleo rural de Requeixo. Lourenzá (Lugo).

 

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

– Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27. Fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copybelén, na rúa Rosalía de Castro, nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.

2º Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

– Descrición e lugar de execución:

Número de expediente: OH.327.606.

Orzamento base de licitación: importe neto: 251.866,79 euros. Importe total: 304.758,82 euros.

Prazo de execución (meses): catro.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida e queda eximido da presentación e xustificación desta coa achega das clasificacións como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría c).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

– Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: a solvencia acreditarase polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 76.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, coa posibilidade de acreditar a dita solvencia mediante a xustificación da clasificación substitutiva desta indicada.

As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan no parágrafo anterior.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 12 de febreiro de 2015.