O ENSINO PASOU ESTA SEMANA POLO CEIP JUAN REY E POLA SECCIÓN DE BALONCESTO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ-MONDOÑEDO

Este mércores o C.E.I.P. Juan Rey recibiu a visita do equipo Durán Maquinaria Ensino que compite en Liga Feminina 2, durante a mesma os nenos e nenas coñeceron de pimeira man a xogadoras e corpo técnico , así como tamén tiveron a oportunidade de realizar diferentes xogos e competicións. Estiveron ademáis o director do centro D. Eduardo Iglesias Villar e a Alcaldesa laurentina Dª. Emma Álvarez Chao.

Ás 16:30, e xa no Concello de Mondoñedo, visitaron a sección de Baloncesto das Escolas deportivas Lourenzá-Mondoñedo.

Entre unha e outra actividade tiveron oportunidade de degustar as Fabas de Lourenzá.