O GOBERNO MUNICIPAL ACLARA QUE TODAS AS SÚAS ACTUACIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS PAZOS EN TOVAR FORON LEGAIS, SEN REPAROS POR PARTE DA SECRETARIA INTERVENTORA DO CONCELLO

Lourenzá, 20 de setembro de 2014. O goberno municipal de Lourenzá aclarou hoxe en rolda de prensa que todas as súas actuacións para a construción en Tovar do Centro de Interpretación da Vida dos Pazos en Galicia foron legais, sen ningún reparo por parte da secretaria interventora do Concello. Así o manifestaron este mediodía no propio Pazo de Tovar a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e o anterior rexedor municipal, Vidal Martínez-Sierra López, que estiveron acompañados polos restantes concelleiros do equipo de goberno local.

Emma Álvarez manifestou en primeiro lugar que “despois da polémica xurdida coa subvención concedida por AGADER para a rehabilitación da antiga vivenda dos caseiros do Pazo de Tovar para convertela en Centro de Interpretación da Vida dos Pazos en Galicia, dende o equipo de goberno consideramos oportuno aclarar os feitos acontecidos a este fin”.

A alcaldesa destacou que “dende o equipo de goberno non se incorreu en ningún tipo de ilegalidade, segundo a xurista do Concello, encargada de velar precisamente por que a legalidade se cumpra e na que confío plenamente pola súa profesionalidade. Non existe ningún reparo por parte da secretaria-interventora do Concello a ningún punto do expediente de tramitación desta axuda, nin na época do anterior alcalde nin dende que eu estou ao fronte do equipo”.

Álvarez Chao engadiu que “o feito de que esta subvención fora denegada é cuestionable: estamos a falar dunha subvención finalista; por ese motivo a obra debería atoparse en condicións de ser visitada o mesmo día que a inspección foi realizada, feito que na propia acta a inspectora que a asinou recoñeceu, manifestando que, na súa opinión, en función das unidades de obra á vista, o executado correspóndese co que o promotor xustificou e que a obra executada está orientada a desenvolver a actividade proposta. Unha copia desta acta quedou en poder do Concello.  Con posterioridade existe un anexo á acta de control de investimento feita en despacho, e que o Concello descoñecía ata o momento que foi admitido a trámite o contencioso interposto, na cal se recolle: a falta dos paneis informativos e expositivos baleira de contido o museo e centro de interpretación. Isto é claramente unha contradición. Compre aclarar que esta subvención foi denegada porque o día que pasou a inspectora estaban sen colocar uns paneis explicativos cuxo importe era de pouco máis de 1.500 euros, paneis que no proxecto ían incluídos nunha partida de 6.000 euros.  Estaban fisicamente os soportes instalados, sendo o valor destes superior ao 75 por cento do custo, e os paneis existían pero non estaban colocados por ser defectuosos; a reposición estaba encargada e, de feito, o Pazo está operativo mesmo dende antes de pasar a inspección, sendo atendido polo propio dono do Pazo previa cita; e así se anunciaba na páxina web do Concello. Inclusive o mesmo día que tivemos a inspección o Pazo de Tovar albergaba unha exposición allea a subvención”.

A rexedora tamén explicou que “a resolución de concesión da subvención, de data 08/10/2012, no punto 7 especifica que se o beneficiario xustifica máis do 60 por do importe da subvención pero sen acadar o 100% percibirá a cantidade proporcional correspondente á inversión xustificada admisible, sempre que se cumpra o resto das condicións de concesión e finalidade ou obxectivos para o que se concedeu. Por este motivo unha vez que as alegacións foron desestimadas recorremos a decisión da Xunta esixindo que se nos pagara a parte proporcional, xa que estaba executado preto do 100% do proxecto. Unha vez rematado o proceso administrativo e estando convencidos de que actuamos de boa fe, que non houbo mala xestión e que a denegación da subvención é máis que cuestionable decidimos interpoñer recurso contencioso administrativo contra a resolución da Xunta de Galicia. Como rexedora municipal lamento ter que chegar a este extremo e máxime sendo rexedora das mesmas cores políticas, pero por riba desas cores están os intereses dos meus veciños e non estou disposta a que Lourenzá renuncie a algo que entendo que se nos denegou inxustamente. Por ese motivo o feito de que este recurso fora admitido a trámite é un aliciente a seguir loitando por recuperar o diñeiro que ao noso parecer a Xunta de Galicia nos debe”.

Emma Álvarez pide “prudencia aos grupos da oposición no tocante á denegación desta subvención á espera de que o xuíz dite sentenza e que se sumen ao desexo deste grupo de goberno de que o Pazo de Tovar sexa un referente na Mariña e, en vista das preto de 1.000 visitas realizadas, non creo que me equivoque se afirmo que estamos no bo camiño”.

Pola súa banda, Vidal Martínez-Sierra, empezou dicindo que “estos días hemos podido leer y escuchar en los medios de comunicación una serie de manifestaciones por parte de la oposición que, con el único fin de obtener un rédito político, no duda en dañar la imagen del Pazo de Tovar, una de las joyas culturales, patrimoniales y turísticas de Lourenzá. Esas declaraciones no buscan más que confundir a la gente, a sabiendas de que es desconocedora de las actuaciones que se han llevado a cabo en este Pazo. Contribuyendo a su confusión, mezclando deliberadamente la obra de restauración del edificio efectuada por la Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta de Galicia con el proyecto de construcción del Centro de Interpretación de los Pazos de Galicia, obra de muchísima menos entidad y que fue ejecutada por el Concello gracias a una subvención de Agader y a la aportación del propietario del edificio fundamentalmente”.

O ex alcalde e actual concelleiro engadiu que “defiendo la total limpieza del proceso en todos sus pasos, poniendo a disposición de todo aquel que lo desee la documentación para comprobarlo y, de paso, retar a la oposición para que si tiene la más mínima duda de la legalidad del proceso aporte las pruebas pertinentes y ponga en el caso en conocimiento del juzgado, como es su obligación. No es ético limitarse a sembrar dudas entre la población mediante un titular bonito en los medios y cubrir con un manto de desconfianza todo lo referente al Pazo de Tovar, sin medir las consecuencias y el daño que se está haciendo a terceras personas ajenas al juego político”. 

Para Martínez-Sierra “en política no todo vale y ciertas declaraciones interesadas pueden hacer mucho daño; por eso les invito a la reflexión para evitar que esta deriva nada aconsejable en un pueblo tan pequeño como éste, donde nos conocemos todos, pudiera tener consecuencias graves entre todos. Reitero mi disposición a facilitar a todo aquel interesado la documentación que justifica mis palabras y espero que la oposición recapacite sobre sus errores y sepa focalizar correctamente el problema, no tratando de convertir una simple discrepancia entre administraciones sobre una subvención en un caso corrupción política, que sabemos que se vende muy bien en estos momentos, pero que flaco favor hace a la política y por tanto a ustedes mismos”.

O GOBERNO MUNICIPAL ACLARA QUE TODAS AS SÚAS ACTUACIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS PAZOS EN TOVAR FORON LEGAIS, SEN REPAROS POR PARTE DA SECRETARIA INTERVENTORA DO CONCELLO