Presentación Oficial do equipo Junior Terras da Mariña

O pasado domingo presentouse oficialmente o equipo junior das Escolas estreando novo patrocinio, Terras da Mariña Cooperativa Galega. No acto de presentación estivo o equipo ó completo coas adestradoras Laura Fdez. e Ainhoa Vega, xunto cos presidentes das dúas entidades vinculadas Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá) e Ramiro Chao(Presidente da A. Deportiva Salto do Coro)

O equipo debutou en Liga Junior Autonómica diante do Costa Ártabra de Ferrol (antiguo Mercedarias) e causou unha fenomenal impresión aínda que ó final se perdía por un punto (47/48).

Adxuntamos fotos de equipos do junior, nacional e autonómica.

 

Presentación Oficial do equipo Junior Terras da Mariña
Presentación Oficial do equipo Junior Terras da Mariña
Presentación Oficial do equipo Junior Terras da Mariña