A SECCIÓN DE ATLETISMO DAS E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO VOLVE A TRIUNFAR NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.

No día de onte en Villalba a sección de atletismo volveu a ser protagonista positiva obtendo unhos novos resultados históricos que xa non sorprenden pero sí seguen alegrando.

Categoría benxamín feminino:

O equipo formado por Valeria, Diana, Carmen, Antía, María e Aldara proclamouse campión provincial ¡!!

Categoría benxamín masculino:

O equipo formado por Fernando, Manuel, Ian, Brais e David proclamouse Subcampión provincial.

Categoria alevín feminino:

O equipo formado por Ainara, Ana, Hiba, Ainhoa, Carme e Marta; subcampionas provinciais.

Ademáis, a nível individual título para Ainara Rguez e subcampionato para Ana Vallines.

Categoria alevín masculino:

O equipo formado por Alexandre, Nico, Hugo, Mario, Aleix e Xaquín Campión Provincial.

A nível individual título provincial para Alexandre Santiago e bronce para Nicolás Álvarez Fojo.

Categoria Infantil feminino:

O equipo rematou na 4ª posición a 2 puntos do bronce, tendo nas máximas exponentes a Lidia Barreira e Claudia Graña.

Categoria Cadete Feminino:

Campionas provinciais, o equipo formado por Carmen, Xana, Arabela e Érica.

Categoria Cadete Masculino:

Aaron Rivás , subcampeón provincial de campo a través.

Outros resultados:

Ademáis, Marta Fdez. Muñoz foi subcampiona provincal en benxamín feminino.

O equipo de S. Roque foi bronce en Alevín feminino

O equipo de AD Mariña(formado por representantes de Lourenzá, S. Roque e Galdo) proclamouse campión provincial por equipos da categoría Cadete!!!