A ALCALDESA DESTACA O LABOR DAS ASOCIACIÓNS PARTICIPANTES NA XORNADA TODOS CARA A TOVAR, QUE TERÁ CONTINUIDADE EN ANOS SUCESIVOS
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo hoxe balance da xornada Todos cara a Tovar, que se celebrou antonte, domingo. Destacou o labor realizado polas asociacións participantes e augura que esta iniciativa terá continuidade en anos sucesivos.