Novas

Novas do Concello

O CEIP JUAN REY ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN E CHARLAS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER E MAÑÁ, XOVES, HABERÁ UN OBRADOIRO SOBRE DESIGUALDADE DE XÉNERO NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO

Para celebrar o Día da Muller o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acolle unha exposición, o pasado luns unha houbo unha charla para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e mañá, xoves, terá lugar outra para os de Infantil, de 3, 4 e 5 anos, e tamén para os de 1º e 2º de Primaria. Ademais tamén mañá, pero neste caso no salón de actos da Casa do Concello ás cinco da tarde, desenvolverase un obradoiro sobre desigualdade de xénero.

CLAUDIA GRAÑA GANA O CORRE CON NÓS NA CATEGORÍA B FEMININA

A pesar de que a maioría da expedición de atletismo viaxou e participou con gran éxito nas probas benxamín e alevín da 1ª preparatoria de atletismo, tamén en Lugo Claudia Graña participaba e ganaba a 1ª posición da categoría infantil feminino do prestixioso CORRE CON NÓS. Claudia corría 1,5 kms. nun tempo de 5 minutos e 28 segundos; a ritmo de 3,54 o kilómetro. Noraboa!!!

 

O DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS TRAMITA ATA O 26 DE ABRIL AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA FAMILIAS CON FILLOS MENORES DE TRES ANOS

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita ata o 26 de abril as solicitudes das axudas establecidas pola Xunta de Galicia para familias con fillos menores de tres anos.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “ata o vindeiro 26 de abril o Concello de Lourenzá a través dos Servizos Sociais, que están situados no Torreón dos Frades, tramitará as axudas para a prestación económica de pago único por fillo a cargo menor de 3 anos. Estas axudas foron publicadas na orde do pasado 11 de marzo”.

O CONCELLO REPARTIRÁ 20 COMPOSTEIROS PARA PARTICIPAR NUNHA NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PROMOVIDA POLA MANCOMUNIDADE DA MARIÑA LUCENSE A TRAVÉS DUN CONVENIO CON SOGAMA

O Concello de Lourenzá repartirá 20 composteiros entre os veciños interesados en participar nunha nova campaña de compostaxe doméstica promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense a través dun convenio con Sogama. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando que fixo público hoxe.

O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA DA MULLER CON CHARLAS, UNHA EXPOSICIÓN, UN OBRADOIRO SOBRE DESIGUALDADE DE XÉNERO E UNHA RECEPCIÓN A RAPAZAS DEPORTISTAS QUE LOGRARON TRIUNFOS

O Concello de Lourenzá celebrará o Día da Muller con charlas, unha exposición, un obradoiro sobre desigualdade de xénero e unha recepción a rapazas deportistas que lograron triunfos.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou hoxe que “o pasado sábado, 8 de marzo, celebrábase o Día Internacional da Muller, pero no Concello de Lourenzá estábamos inmersos na preparación do Domingo de Piñata polo que preferimos trasladar os actos dese día para a vindeira semana”.

A ALCALDESA CONSIDERA UNHA FALTA DE RESPECTO AO CONCELLO QUE NON FORA INVITADA Á VISITA QUE FIXO HOXE AO CEIP JUAN REY O DEPUTADO PROVINCIAL SOCIALISTA ALFREDO LLANO PARA VER UNHA OBRA CUXO PROXECTO E DIRECCIÓN CORREU A CARGO DO CONCELLO

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, Chao, considera unha falta de respecto ao Concello que non fora invitada á visita que fixo hoxe ao CEIP Juan Rey o deputado provincial socialista Alfredo Llano para ver unha obra cuxo proxecto e dirección correu a cargo do Concello.

TEATRO O VINDEIRO DOMINGO, 16 DE MARZO

A Concellería de Cultura organiza unha representación teatral a cargo da compañía A Tropa do Vicedo, da que forma parte o laurentino Ismael Terrón. Representarán a obra titulada Malentendidos este domingo, día 16, ás oito da tarde no salón de actos municipal. O prezo da entrada é de un euro.

PROEZA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS NO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O campionato galego de campo a través para categorías alevín, infantil e cadete disputado no dia de onte en A Pobra do Caramiñal, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galícia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo tivo de protagonista os equipos e atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo.

Distribuir contido