Novas

A novena edición do taller de memoria, que empeza o vindeiro martes, terá 46 participantes. A novidade deste curso será un club de lectura

Lourenzá, 1 de novembro de 2012. Os participantes na próxima edición do taller de memoria do Concello de Lourenzá mantiveron unha xuntanza para ultimar os preparativos da actividade, reunión na que estivo a alcaldesa, Emma Álvarez, quen explicou que xa é a novena edición desta iniciativa que nesta ocasión conta con 46 alumnos, que “van participar deste taller desde este mes de novembro ata xuño. Están repartidos en tres grupos que se fan tendo en conta as idades dos participantes.

As oficinas dos servizos municipais ampliarán os seus horarios a partir do 2 de novembro para mellorar a atención aos veciños. Anunciouno a Alcaldesa, Emma Álvarez

Lourenzá, 26 de outubro de 2012. A partir do vindeiro venres, día 2 de novembro, as oficinas do Concello de Lourenzá ampliarán os seus horarios. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “co ánimo de achegar a administración local aos nosos veciños e ampliar os servizos que dende o Concello lles ofrecemos decidimos ampliar o horario de apertura ao público de distintas oficinas vinculadas a trámites administrativos”.

Concerto Luar na Lubre

luar na lubreDende o Concello de Lourenzá informase que o vindeiro sábado 18 de decembro terá lugar o concerto de Luar na Lubre, que servirá de presentación en Galicia do seu novo traballo “Solsticio”, <