Fco. Álvarez(14) y Javier Legide(16), impresionantes en la XVI Clásica Vila das Pontes
A sección de ciclismo deslumbrou na XVI Clásica Vila Das Pontes este pasado domingo día 23 de xuño.
A sección de ciclismo deslumbrou na XVI Clásica Vila Das Pontes este pasado domingo día 23 de xuño.
Grandes resultados os acadados polos alumn@s das E.D. Lourenzá-Mondoñedo na VIII Guitiriz Termal 2013 este pasado sábado día 22 de xuño.
Categoría Preb Masculino: Brais Díaz. (Prata).
Categoría Preb. Feminino: Carmen García. (Prata).
Categoría Bx. Masculino: Ayoub Khaled (Prata).
Categoría Av. Feminino: Ainara Rguez (Ouro), Ana Vallines(Prata), Claudia Graña(Bronce).
Lourenzá, 22 de xuño de 2013. Algúns veciños do lugar de Canedo pediron á alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, a recuperación dese topónimo que desapareceu no ano 1996. Por este motivo o goberno municipal fará xestións para intentar conseguilo se a maioría dos veciños están a favor.
Lourenzá, 21 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá e a Consellería de Medio Rural asinaron dous convenios de colaboración para a prevención e extinción de incendios forestais no municipio, para o que serán contratadas 8 persoas durante este verán.
Lourenzá, 19 de xuño de 2013. A Casa do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe as dependencias da Oficina Municipal de Rehabilitación e do Punto de Información Catastral, polo que agora teñen o número de teléfono 982.12.10.06.
Lourenzá, 19 de xuño de 2013. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá un curso de manipulador de alimentos este vindeiro sábado, día 22, a partir da dez da mañá.
Esta actividade formativa está organizada polo Concello de Lourenzá e a empresa Sea, qué unha firma dedicada a traballos de laboratorio, asesoría alimentaria e centro de formación.
A continuación tedes un enlace para ver os traballos presentados ó Concurso Escolar de Fotografía, dedicado á natureza na Mariña de Lugo, e celebrado en conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Desde aquí queremos aproveitar para dar as grazas a todos os que participaron nesta iniciativa.
Lourenzá, 18 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán, que acollerán a nenos e rapaces de 5 a 16 anos durante os meses de xullo, agosto e setembro ata o inicio do curso escolar. Terán un prezo total, para todo o verán, de 15 euros e o prazo para anotarse rematará o día 27 deste mes de xuño, xoves. Anunciouno hoxe a concelleira delegada de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane.
Lourenzá, 17 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá xunto coa asociación de comerciantes, industriais e autónomos do municipio (ACIAL) acaban de convocar un concurso de carteis co gallo da 23ª Festa da Faba, que vai ter lugar a primeira fin de semana de outubro deste ano. É a primeira vez que se organiza un certame para a elaboración do cartel anunciador deste festexo, imaxe que van levar tamén os programas, os dípticos de man e os demais materiais que se utilicen para anunciar o evento. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane.
Lourenzá, 15 de xuño de 2013. O equipo de baloncesto feminino foi recibido hoxe na Casa do Concello como homenaxe polo ter logrado o ascenso á Primeira División Nacional. No acto a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, falou do pasado, do presente e do futuro do club e destacou que o deporte é un dos grandes escaparates do municipio.