A BIBLIOTECA MUNICIPAL SUMASE ÓS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, QUE SE CONMEMORA MAÑÁ, SÁBADO

O Concello de Lourenzá, a través da biblioteca pública, súmase ós actos do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil mañá, sábado, 2 de abril, xornada na que se conmemora o nacemento do escritor Hans Christian Andersen.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que “a biblioteca municipal adheriuse as actividades promovidas pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e, en colaboración co colexio Juan Rey, participa no concurso denominado Adopta un animal de conto. Ademais difundirase entre os nenos e nenas de Lourenzá unha mensaxe da escritora Luciana Sandroni titulada Era unha vez... e o cartel preparado para este día pola sección brasileira do Internacional Board on Books for Young People (iBby). Neste senso na escola infantil Meniños, de Lourenzá, lerase hoxe, venres, aos nenos e nenas o devandito manifesto, que é un precioso texto onde se lle rende unha homenaxe ós personaxes dos contos de Andersen”.

A rexedora engadiu que “nas dependencias da biblioteca municipal permanecerán expostos dende hoxe algúns dos libros entrañables de Andersen e repartirase entre os asistentes o texto do mencionado manifesto”.

Descargar folleto en PDF

A BIBLIOTECA MUNICIPAL SUMASE ÓS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, QUE SE CONMEMORA MAÑÁ, SÁBADO