A MOSTRA 100 ANOS DE DEL RIEGO PODERÁ VISITARSE NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO ATA O 20 DE DECEMBRO

Lourenzá, 29 de novembro de 2013. A mostra titulada 100 anos de Del Riego, que foi inaugurada o pasado martes, poderá visitarse na sala de exposicións do Concello de Lourenzá ata o día 20 de decembro. Está aberta de luns a venres en horario de 17 a 20 horas e hai que acceder pola biblioteca pública municipal.

Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, que é a comisaria da exposición xunto con Manuel Román Ramos. A mostra está composta por 23 paneis nos que se recollen distintas caricaturas feitas por coñecidos debuxantes galegos e tamén se inclúen textos sobre Francisco Fernández del Riego escritos por diversos autores.

expo lourenza