O CONCELLO CELEBROU SAN VALENTÍN CO ALUMNADO DO COLEXIO JUAN REY

Lourenzá, 16 de febreiro de 2015. O Concello de Lourenzá celebrou San Valentín o pasado venres co alumnado do colexio Juan Rey.

A actividade levouse a cabo través da biblioteca pública Juana de Ibarbourou e da oficina municipal de información xuvenil, coa colaboración do técnico do programa Innovate da Deputación de Lugo, Javier Reigosa. Consistiu no visionado de fragmentos de películas de Disney para identificar os seus títulos. Todas elas tiñan como nexo o amor, no máis amplo sentido da palabra. Deste xeito os rapaces descubriron o valor da amizade, a lealdade, a comprensión, e a igualdade; termos vencellados coa efeméride que se celebrou o pasado sábado, 14 de febreiro. Tamén se buscou recordar antigos contos, que forman parte do mundo imaxinario, e que co paso do tempo seguen tan vivos como cando os seus autores os escribiron.

A mencionada actividade levouse a cabo cos alumnos e alumnas divididos en grupos por idades.

O CONCELLO CELEBROU SAN VALENTÍN CO ALUMNADO DO COLEXIO JUAN REY