O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET. SERÁ O 24 DE FEBREIRO, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE

O salón de actos da Casa do Concello acollerá este martes, 24 de febreiro, ás 20:30 horas unha charla informativa sobre os perigos de internet e como navegar seguros pola rede. Será pronunciada polo dinamizador TIC Javier Reigosa.

A rexedora anunciou que “dentro do ciclo de charlas que organiza o Concello todos os meses teremos unha conferencia ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Concello. Leva por título Perigos de internet: “Navega segur@” e o poñente será Javier Reigosa, dinamizador TIC”.

Emma Álvarez agarda que “esta charla sexa de interese tanto para a xente nova como para a xente maior, xa que cada vez é máis a que navega por internet e consideramos que é moi importante que saiban qué perigos se poden atopar”.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET. SERÁ O 24 DE FEBREIRO, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE