O CONCELLO SÚMASE AOS ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO COA LECTURA DUN MANIFESTO E DESPREGANDO UN MURAL BRANCO NA PRAZA DO CONDE SANTO PARA ANIMAR Á XENTE A DEIXAR AS SÚAS MANS PINTADAS EN SINAL DE PROTESTA

O Concello súmase aos actos de conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero e presenta un programa de actos para o martes, 25 de novembro, no que destacan a lectura dun manifesto contra a violencia de xénero e a colocación dun mural branco na praza do Conde Santo, para que os visitantes e veciños deixen impregnadas en color malva as súas mans como sinal de repulsa contra este tipo de violencia. Ademais, o Concello colocará un lazo deste mesmo cor na fachada do seu edificio, e poñerá a disposición de tódolos veciños o libro Lourenzá en contra da violencia de xénero, para que poidan deixar as súas mensaxes. Ademais no salón de actos do Concello haberá unha charla sobre o enfoque social e legal da violencia de xénero.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, explicou que “o próximo martes, 25 de novembro, lamentablemente un ano máis celebramos o día internacional contra a violencia de xénero. E cando digo lamentablemente, fágoo dende o punto de vista de que se o celebramos é porque aínda segue habendo mulleres e homes, sobre todo mulleres, que sofren danos físicos ou psíquicos a mans das súas parellas. No Concello de Lourenzá queremos sumarnos a estes actos que se van a celebrar por todo o mundo e organizamos distintas actividades baixo o lema A violencia e o medo aos ideais dos demais. Este lema está extraído do libro de firmas que durante a última semana de novembro, e dende o ano 2012, colocamos no noso Concello para que tódolos que queiran escriban frases de repulsa contra esta lacra social. O libro, Lourenzá en contra da violencia de xénero, máis o lazo malva que é símbolo de repulsa a estes feitos, estarán colocados dende o vindeiro luns e durante toda a semana no Concello. Ademais, o martes 25 ás 11 da mañá colocaremos na praza do Conde Santo un mural branco co lema escollido este ano, para que todos aqueles que queiran deixen a súa huella en color malva en sinal de repulsa neste mural”.

A responsable municipal recordou que “dende o Concello invitamos ao CEIP Juan Rey a participar durante o recreo neste acto simbólico. Pero tamén facemos un chamamento a todas aquelas persoas que se acheguen a Lourenzá e aos veciños da vila para que non teñan reparo en acudir á praza do Conde Santo e pintar coas súas mans un símbolo de repulsa a estes actos tan macabros algunhas veces. Ademais, ás 16:30 da tarde haberá unha charla no salón de actos do Concello que levará por título Violencia de xénero, enfoque social e legal. A charla será impartida polo Centro de Información á Muller. E xa para rematar, faremos a lectura dun manifesto diante do mural onde contamos que xa estean as mans do maior número de nenos e adultos que pasen por alí”.

Declaracións da Alcaldesa (MP3)

O CONCELLO SÚMASE AOS ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO COA LECTURA DUN MANIFESTO E DESPREGANDO UN MURAL BRANCO NA PRAZA DO CONDE SANTO PARA ANIMAR Á XENTE A DEIXAR AS SÚAS MANS PINTADAS EN SINAL DE PROTESTA