O CONCELLO SÚMASE Á REIVINDICACIÓN DO COLECTIVO LGTBI E COLGA A BANDEIRA ARCO IRIS NA FACHADA DO CONSISTORIO.

Lourenzá, 28 de xuño de 2022. O Concello de Lourenzá súmase hoxe á reivindicación do colectivo LGTBI e colga a bandeira arco iris na fachada do consistorio para conmemorar o día internacional do orgullo LGTBI.

A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Igualdade, Mercedes Dengra, explican: “queremos visibilizar con este xesto o noso apoio firme á defensa e á reivindicación dos dereitos e liberdades deste colectivo. Hoxe, máis que nunca, rendemos homenaxe aos dereitos desas persoas que loitan pola diversidade sexual e de xénero. Aínda que nos últimos anos se avanzou moito neste eido segue sendo necesario un compromiso xeral de toda a sociedade e un apoio real e efectivo de tódalas administracións con esta causa. Debemos entre todos sumar esforzos para conseguir unha democracia cada día máis inclusiva e respectuosa coa diversidade e cos dereitos de tódalas persoas”.

O Concello de Lourenzá súmase tamén ao manifesto de apoio ás persoas LGTBI da Federación Galega de Municipios e Provincias, que se pode ler a través deste enlace: http://loom.ly/f5STsWA.