O DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS TRAMITA AS AXUDAS ECONÓMICAS POR FILLO MENOR A CARGO E A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita dúas axudas económicas: a que se concede por fillo menor a cargo e a que se dá a través da tarxeta Benvida. Anunciouno a alcaldesa, Rocío López, por medio de dous bandos que acaba de facer públicos.

En canto á prestación económica de pago único por fillo menor a cargo menor de 3 anos o prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de marzo de 2016. E no caso da axuda a través da tarxeta Benvida, que ten como beneficiarios aos residentes en Galicia que teñan fillos ou fillas nacidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano actual, o prazo de presentación é de dous meses dende o día seguinte do nacemento.

As persoas que cumpran as condicións para recibir estas dúas prestacións poden formalizar a solicitude correspondente a través da educadora familiar do Concello de Lourenzá, no Torreón dos Frades.

Descargar bando de axudas por fillo menor a cargo (PDF)

Descargar bando de axudas a través da tarxeta Benvida (PDF)