A PRAZA DO CONDE SANTO DE VILANOVA DE LOURENZÁ ACOLLERÁ A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL A ÚLTIMA VIAXE DO AFIADOR

O documental A última viaxe do afiador , de Aitor Rei, proxectarase na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, este venres, 24 de xullo, ás 20:30 horas. É unha cita organizada pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) do colexio Juan Rey e patrocinada pola Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá.

O documental, que foi finalista da XII edición dos Premios Mestre Mateo, retrata un oficio tradicional case desaparecido nos pobos de Galicia: o do afiador. A proxección forma parte do proxecto Achega. Cinema en Movemento, para dar a coñecer o patrimonio cultural e etnográfico a través de asociacións, concellos ou centros de ensinanza.

En caso de choiva a proxección trasladarase ás instalacións do mercado comarcal gandeiro.

A PRAZA DO CONDE SANTO DE VILANOVA DE LOURENZÁ ACOLLERÁ A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL A ÚLTIMA VIAXE DO AFIADOR