PRESENTACIÓN OFICIAL DO NOVO CLUB DE ATLETISMO DE ADULTOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ-MONDOÑEDO

O novo club leva o nome de ATLETISMO LOURENZÁ e conta cunha directiva propia integrada por cinco membros: karina Álvarez (presidenta), Rubén Méndez (secretario), Marisa Ares (tesoureira), Marta Sánchez e Jose Gavin como vogais.

Este novo club partiu dunha afección común entre pais que tiñan os seus respectivos fillos xa dentro da sección de atletismo de nenos e pouco a pouco foise forxando a idea de formar un club propio adherido ás propias escolas nun principio formado por estes pais e pouco a pouco coa incorporación de novos membros (sen fillos) que se foron animando a formar parte desta iniciativa. Somos na actualidade 25 membros, coa esperanza de alcanzar un número cada vez maior e a nosa máxima en practicar o deporte que nos gusta, transmitir aos nen@s a posibilidade de gozar cunha actividade deportiva e converter todo isto nun "acto social" que ao final é no que se converte.

Na presentación de onte que tivo lugar no salón de actos do concello de Lorenzana coa presenza da alcaldesa local (Emma Alvarez Chao) compañeira ademais de equipo e do presidente das escolas deportivas LOURENZA-MONDOÑEDO. Ademais estiveron presentes os principais patrocinadores da sección e posteriormente acudiuse ao bar MORRIGAN onde nos esperaban uns pinchos.

PRESENTACIÓN OFICIAL DO NOVO CLUB DE ATLETISMO DE ADULTOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ-MONDOÑEDO
PRESENTACIÓN OFICIAL DO NOVO CLUB DE ATLETISMO DE ADULTOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ-MONDOÑEDO