REMATOU O OBRADOIRO DE CESTERÍA ORGANIZADO POLO CONCELLO, ACTIVIDADE NA QUE PARTICIPARON OITO NEN@S

O obradoiro de cestería organizado polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Educación, e patrocinado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo rematou onte, mércores. Nesta actividade, que foi impartida pola monitora María Otero, participaron oito nenos e nenas.

Despois destas tres mañás de traballo, cada un dos participantes levou para a súa casa o cesto que elaborou. Son de diferentes modelos e acabados, xa que cada un fixo o cesto ó seu gusto, na forma, na combinación de diferentes tipos de asas e cores nos trenzados das decoracións.

 

REMATOU O OBRADOIRO DE CESTERÍA ORGANIZADO POLO CONCELLO, ACTIVIDADE NA QUE PARTICIPARON OITO NEN@S
REMATOU O OBRADOIRO DE CESTERÍA ORGANIZADO POLO CONCELLO, ACTIVIDADE NA QUE PARTICIPARON OITO NEN@S