Últimas Novas das Escolas Deportivas

O 95% da plantilla do Augacons Lourenzá renova o seu compromiso co clube para a vindeira temporada ó día seguinte de conocer o descenso do equipo a segunda

A plantilla do primeiro equipo das escolas confirmou o seu compromiso de volver ó Atleti a Primeira Autonómica sellando a renovación automática do 95% da plantilla que o ano pasado estivo xogando en Primeira, e que se viron arrastrados a segunda polo descenso de preferente a primeira da Milagrosa por arrastres.

Os xogadores que renovan o seu compromiso de cara á vindeira temporada son:

- Jose A. Bermúdez García (Pichi)

- Lucas Bouso Glez (Lucas)

- David Cabaleiro Pérez (Garrafín)

- Adrián Cabaleiro Rivas (Bugui)

- Diego Fdez. Rey (Carri)

Gran Torneo do Terras da Mariña Lourenzá en Cangas de Narcea!!!

Gran imaxe deixou o Terras da Mariña Lourenzá en terras asturianas este pasado fin de semana, rematando nunha 6ª posición de 12 equipos en liza.

Comenzaba con nervios o equipo o seu debut no campionato con derrota diante do Cabaneta de Mallorca ((31/12) , para acabar ganando os dous seguintes encontros: partidazo diante de Basketmar de Xixón (33/14) e gran oficio diante de Pío XII de Santiago para acabar vencendo (22/19).

Exitazo de Clausura Oficial do XX Aniversario do Clube o pasado sábado con 500 comensais!!

O pasado sábado Dª Rocío López remataba o acto poñendo a clausura final dunha temporada que representa o XX Aniversario do Clube; nun acto que ela presidía acompañada do Concelleiro de Deporte Fco. Dasilva e o Presidente do Clube Pablo Maseda; así como os principais patrocinadores Construcciones Augacons, Maderas Barcia, Terras da Mariña, Talleres Cardi, Excavaciones Ramsei e Muebles Huertas.