O CONCELLO PROMOVE A CELEBRACIÓN DE TRES CURSOS: DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS, DE CATA DE VIÑOS E DE NORMATIVAS COMUNITARIAS VINCULADAS ÁS PRODUCIÓNS AGRICOLA E GANDEIRA
Lourenzá, 4 de xullo de 2013. O Concello de Lourenzá promove a celebración de tres cursos. Un deles é de manipulación de produtos fitosanitarios e comezará o día 15 deste mes. Os outros dous, de cata de viños e de normativa comunitaria vinculada á produción agrícola e gandeira, levaranse a cabo en caso de reunirse o número de inscritos necesario.