Novas

Novas do Concello

AS RAÍÑAS DO MEDIO FONDO DE GALICIA SON DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Novo éxito deportivo das Escolas Deportivas no Cto. Galego de Atletismo disputado o pasado sábado en Vigo para categorías benxamín, alevín e infantil; nunha cita caracterizada por un alto nível onde caeron varios récords galegos.

 Ana Vallines, campiona galega en 2000 alevín feminino
 Ainara Rguez, campiona galega en 1000 alevín feminino
 Aleix Diaz, dobre medallista galego: subcampión en 500 e bronce en 60 alevín masculino
 Alexandre Santiago, subcampión galego de 1000 alevín masculino.

COMEZAN OS PREPARATIVOS DA FESTA DA FABA 2014 COA CONVOCATORIA DO CONCURSO PARA ELIXIR O CARTEL ANUNCIADOR DO EVENTO. NESTA OCASIÓN O CERTAME É ABERTO A PARTICIPANTES DE TODAS AS IDADES E O PRAZO PARA PRESENTAR TRABALLOS REMATA O 21 DE XULLO

Comezan os preparativos de cara á Festa da Faba 2014 coa convocatoria do concurso para elixir o cartel anunciador do evento, que se celebrará os días 4 e 5 de outubro. Nesta ocasión o certame é aberto a participantes de todas as idades e o prazo para a presentación de traballos rematará o 21 de xullo.

Distribuir contido